O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na inauguración do Pont-Up Store

20/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Praza de España de Pontevedra á inauguración da undécima edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store, promovido pola Universidade de Vigo e que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Durante a súa intervención, Domínguez destacou a importancia "de facilitar espazos para que o talento da provincia se poida desenvolver" e remarcou que a institución provincial traballa "para promovelo e espallalo por todos os recunchos de Pontevedra". Ademais, o vicepresidente asegurou que o apoio á cultura do emprendemento, "que é impulsar a economía e é xerar oportunidades para a nosa veciñanza", é "unha das prioridades deste goberno provincial".

Galerias de imagenes