A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto de inauguración das VI Xornadas de Videoxogo e Literatura da Fundación Carlos Casares

08/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá no acto de inauguración das IV Xornadas de Videoxogo e Literatura organizadas pola Fundación Carlos Casares que acollerá a cidade de Vigo ata este xoves. “Unas xornadas que van proporcionar unha interesante perspectiva da relación entre videoxogos e literatura e, sen dúbida, van ser toda unha fonte de inspiración para todos nós”, asegurou a vicepresidenta provincial quen agradeceu á Fundación o feito de apostar “por achegar a todos os públicos este universo que conforman as conexións entre narrativa e videocreación”.