A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración da exposición “Non somos números” sobre a crúa realidade da violencia de xénero

05/02/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores á inauguración da exposición “Non somos números”, con fotografías de Berto Medrano, organizada pola Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) en colaboración con ESMAR Violencia e Afundación. A mostra estará dispoñible na Sala de Exposicións II da Sede Afundación Vigo ata o 1 de marzo, e nela retrátase a crúa realidade da violencia de xénero a través de imaxes de impacto. As fotografías recrean escenas reais vividas por mulleres que decidiron exporse unha vez máis, non para revivir o seu pasado senón para transformar a súa dor en denuncia, conciencia e reflexión colectiva, dándolle visibilidade á loita contra a violencia.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.