A vicepresidenta, Luisa Sánchez, asiste en Ribadumia á final da fase previa da XXVII Arousa Fútbol 7

29/03/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este venres na final da primeira fase previa da XXVII edición do Arousa Fútbol 7, no complexo deportivo A Senra de Ribadumia. A tamén responsable de Deportes da institución provincial, que apoia economicamente o torneo, asistiu ás finais desta fase e participou na entrega do trofeo ao equipo campión e mais das medallas a todos os xogadores participantes. Nas dúas fases previas (a segunda xogarase este sábado 30 e o domingo 31) medirán as súas forzas un total de 80 formacións tanto galegas coma de Asturias, Castela e León, Canarias e Portugal co obxectivo de chegar á fase final, que se disputará entre o 17 e o 19 de maio.