Luis López asiste á final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino en Príncipe Felipe, que confirma a Deputación como a “casa do deporte”

28/03/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, asistiron nesta mañá de Xoves Santo á final da Copa Galicia de Fútbol Sala, que se disputou no Centro Príncipe Felipe entre dous equipos da provincia: o Poio Pescamar e o Marín Futsal. Un encontro que rematou cun marcador de 1-2 a favor do equipo de Poio e que reuniu neste recinto de titularidade da Deputación, “a casa do deporte provincial”, centos de afeccionadas e afeccionados para gozar do talento das xogadoras. A final foi reflexo do momento que atravesa o fútbol sala e o deporte feminino na provincia de Pontevedra.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.