Luis López destaca festas gastronómicas como a do Mexillón e o Berberecho de Vilanova como motores do turismo e da economía nas Rías Baixas

11/08/2024

A Festa do Mexillón e o Berberecho 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acudiu este domingo a Vilanova de Arousa para desfrutar dunha das festas gastronómicas de maior tradición da provincia: A Festa do Mexillón e o Berberecho, que este ano celebra a súa trixésima edición.

A rica e diversa gastronomía é un dos principais atractivos turísticos das Rías Baixas, segundo sinalou o mandatario provincial, quen destaca tamén o importante peso que ten o marisqueo para a economía, o emprego e a sustentabilidade na provincia.

Galerias de imagenes