Luis López destaca na Festa do Codillo da Lama a alta asistencia de público, a variedade de preparacións e a riqueza das festas gastronómicas da provincia

16/06/2024

Luis López na festa do codillo da Lama

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo nos actos de celebración da vixésimo segunda edición da Festa Gastronómica do Codillo da Lama acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela

Coa súa participación neste evento, o presidente Luis López amosa o apoio da Deputación ás festas tradicionais dos concellos, citas que dinamizan a economía local e enriquecen a provincia como destino turístico ligado á gastronomía.

Galerias de imagenes