A Deputación leva Cando volves? a ITB Berlín, a feira líder do sector da industria turística no mundo

A deputada provincial Nava Castro participou neste evento no que presentou os novos produtos deseñados por Turismo Rías Baixas para divulgar a oferta turística da provincia de Pontevedra

06/03/2025

Nava Castro na Feira ITB Berlín 2025

A Deputación de Pontevedra leva Cando volves? a ITB Berlín, a feira líder do sector da industria turística no mundo. A deputada provincial Nava Castro participou neste evento no que presentou os novos produtos deseñados por Turismo Rías Baixas para divulgar a oferta turística da provincia de Pontevedra. Coa participación do organismo provincial na feira alemá, a Deputación avanza no seu obxectivo de camiñar cara a internacionalización da provincia de Pontevedra.

A institución provincial contou en ITB Berlín cun mostrador desde o que tivo a oportunidade de promover procesos de venda coa canle de distribución presente na feira. Tamén realizou contactos comerciais con clientes actuais e potenciais e coa canle de distribución e venda cruzada. Ademais presentou as novidades e estratexias turísticas do destino, avanzou no posicionamento da marca Rías Baixas a nivel internacional, e tivo a oportunidade realizar reunións de traballo con medios especializados en turismo.

Participaron en ITB Berlín, unha das plataformas de negocios máis importantes para a oferta turística global, máis de 180 países de todo o mundo aos que a Deputación de Pontevedra tivo a oportunidade de presentar Cando volves? e a ampla oferta turística do destino provincia de Pontevedra.

Galerias de imagenes

videos