A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega de premios da III xornada da Liga Depoescolas 2024
07/07/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na terceira xornada da Liga DepoEscolas 2024 organizada pola Federación Galega de Piragüismo. Máis de 400 nenos e nenas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín tomaron parte da competición no Río Umia.
DepoEscolas é un programa gratuíto da Deputación a través do cal, en colaboración e coordinación coas federacións deportivas, se fomenta a actividade deportiva entre os escolares do conxunto da provincia