A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez fai entrega de premios en Bueu da Fase Final da Xira Galega de Balonmán Praia
25/07/2024
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, fixo entrega esta tarde en Bueu dos premios da Fase Final da Xira Galega de Balonmán Praia. O acto tivo lugar na pista 1 da praia Banda do Río, xusto ao remate das finais, e nel a vicepresidenta remarcou a firme aposta do Goberno provincial polo deporte e por eventos deportivos que espallen a súa práctica e a acheguen á cidadanía.