Luis López e José Francisco Salado analizan as estratexias das Deputacións de Pontevedra e Málaga para apoiar os pequenos e medianos concellos e fomentar o turismo

O presidente provincial é recibido polo seu homólogo malagueño e asina no Libro de Honor da institución provincial nun acto enmarcado na viaxe de traballo para dar a coñecer a oferta turística das Rías Baixas na Costa do Sol

16/10/2024

Encontro institucional co presidente da Diputación de Málaga

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo un encontro institucional co seu homólogo na Deputación de Málaga, José Francisco Salado, para poñer en común asuntos de interese mutuo para ambas as dúas institucións e coñecer os proxectos estratéxicos, principalmente en materia de turismo ­—como o programa Praias Infinitas no que colaboran as dúas administracións para diversificar o uso das praias e facelas atractivas ao longo de todo o ano como escenarios para contemplar as estrelas ou para actividades de ocio— e en políticas de apoio aos pequenos e medianos concellos, que as entidades provinciais teñen en marcha. Ademais, o dirixente pontevedrés foi convidado a asinar no Libro de Honor da institución provincial malagueña.

Este encontro enmárcase nunha visita á cidade de Málaga que o dirixente pontevedrés está a realizar este mércores con motivo da súa participación nun seminario sobre turismo, no que participan empresas do sector da provincia e de Málaga, para presentar o destino e a oferta turística das Rías Baixas. Unha viaxe que Luis López aproveitou para tender pontes coa Deputación de Málaga e co Ayuntamiento de Málaga, pois tamén foi recibido polo alcalde Francisco de la Torre.

Entre os asuntos tratados nesta reunión co mandatario provincial malagueño, que preside a Deputación desde 2019 e tamén é alcalde do Ayuntamiento de Rincón de la Victoria; sobresaen as estratexias de promoción do destino turístico ou as medidas de apoio a municipios de pequeno e mediano tamaño que teñen en marcha ambos os organismos. O pontevedrés detallou os programas de apoio aos concellos, como o +Provincia ou o Plan de Infraestruturas Deportivas, así como as accións en materia de turismo para avanzar na desestacionalización, na sustentabilidade e na captación de novos fluxos. Así mesmo, tomou nota das iniciativas postas en marcha pola Deputación de Málaga, moi presente en congresos internacionais por todo o mundo para presentar os grandes atractivos desta provincia andaluza, facendo fincapé na súa capacidade para consolidarse como destino dun turismo de cruceiros e de congresos.

Galerias de imagenes