A Deputación oferta esta semana unha nova acción formativa no marco de SmartPeme

O obradoiro do programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación estará centrado en ciberseguridade

27/05/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana unha nova acción formativa enmarcada na súa carteira de obradoiros. A actividade abordarán forma telemática cuestións relacionadas coa ciberseguridade.

A acción formativa terá lugar este luns, 27 de maio, ás 10:30 horas. Trátase do obradoiro “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software”, no que se darán a coñecer as medidas básicas que se deben implantar para manter protexidos os dispositivos, ben sexa a través da actualización do software, da corrección de vulnerabilidades ou do uso de antivirus.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.