A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na clausura do IV Foro Empresarial pola Igualdade da CEP

10/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na clausura do IV Foro Empresarial pola Igualdade, Diversidade e Inclusión na contorna laboral, organizado pola CEP na súa sede en Vigo e que foi inaugurado pola deputada de Igualdade da institución provincial, Sandra Bastos. Nesta xornada, que reuniu a presidentas, directivas e responsables de recursos humanos de empresas galegas, Sánchez quixo destacar a existencia de iniciativas como esta, “coas que estamos dando pasos firmes para romper barreiras e construír referentes”.

A vicepresidenta provincial tamén aproveitou a oportunidade para remarcar o compromiso da Deputación coa igualdade, definíndoa como “un eixo transversal da nosa acción política e un dos nosos grandes retos, e por iso daremos todos os pasos necesarios para conseguila, a través do diálogo, o consenso e implicando a todos os axentes sociais”.