A Deputación ultima os días para que os concellos de menos de 20.000 habitantes soliciten axudas por preto de 4 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais

A institución provincial ten aberto ata o próximo martes, 4 de marzo, o prazo de solicitude das Axudas Básicas de Emerxencia, cun orzamento de 830.000 euros, e do Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais municipais, con 3,1 millóns de euros

25/02/2025

A Deputación de Pontevedra ultima os días para que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia soliciten axudas por preto de 4 millóns de euros para facer fronte a políticas sociais. En concreto, trátanse de 830.000 euros para a prestación das Axudas Básicas de Emerxencia e de preto de 3,1 millóns de euros para o Plan de Cofinanciamento dos servicios sociais comunitarios municipais. Os concellos teñen ata o 4 de marzo para solicitar estes recursos.

As Axudas Básicas de Emerxencia, con contías máximas que oscilan entre os 7.800 e os 14.000 euros por concello, van destinadas a atender as demandas da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, con especial atención a aquelas persoas que teñan menores ao seu cargo. Dos 830.000 euros mobilizados, 230.000 € máis que o pasado ano, preto de 620.000 van destinados a gasto corrente, como alimentación, uso da vivenda, pagamento de servizos e subministros básicos, e máis de 210.000 a investimentos.  

Ademais, a Deputación de Pontevedra tamén acaba de activar o Plan de Cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais, a través do cal pon a disposición preto de 3,1 millóns de euros, con contías máximas que oscilan entre os 24.000 e os 120.000 euros por concello. Estes recursos distribúense en 1,2 millóns de euros dirixidos a sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato, e complétanse cos preto de 1,9 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos. 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.