A vicepresidenta Luisa Sánchez participa nos actos do Día Mundial da Parálise Cerebral organizados por APAMP en Vigo

02/10/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados por APAMP para conmemorar o Día Mundial da Parálise Cerebral. “É un enorme privilexio poder acompañarvos hoxe, dando espazo e visibilidade a unha condición que padecen unhas 5.000 persoas en Galicia e 120.000 no conxunto de España”, destacou Sánchez. “Por iso –engadiu- desde o Goberno provincial sumámonos ás vosas reivindicacións. Sempre imos estar ao lado dos colectivos sociais, para que a vosa mensaxe e aspiración cheguen, cada vez, máis lonxe”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.