Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”
04/12/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia “Queremos AVE Vigo-Oporto”. O acto, ao que tamén asistiu a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez e outros membros do Goberno provincial, foi encabezado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.