A vicepresidenta Luisa Sánchez enxalza o Rally Recalvi Rías Baixas como “escaparate” para resaltar a riqueza da provincia

20/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na sede da Fundación Recalvi na presentación do 57º Rally Recalvi Rías Baixas, que enxalzou como “verdadeiro escaparate que nos permite resaltar a nosa riqueza natural, arquitectónica, cultural e gastronómica e vivir unha experiencia 100% Rías Baixas”. Por iso quixo agradecer á organización desta proba, “que xa se ten convertido nun dos emblemas do automobilismo de Pontevedra”, polo seu traballo ao longo dos anos, e aproveitou para felicitalos polo seu regreso ao calendario do Súper campionato de España de Rallys. “Estou segura de que esta proba seguirá prosperando no futuro, e nese camiño sabede que sempre contaredes co apoio da Deputación, porque queremos que esta provincia siga crecendo apoiándose no deporte”, asegurou a vicepresidenta provincial.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.