A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto conmemorativo do 35 aniversario do Vigo Rugby Club

27/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 35 aniversario do Vigo Rugby Club, que se celebrou na Sede de Vigo da Deputación, e no que se fixo unha homenaxe a Manolo Lago, primeiro adestrador e histórico da entidade deportiva. Sánchez aproveitou a ocasión para darlle os parabéns ao club “por todos os logros conseguidos ao longo deste tempo” e aplaudir valores como a integridade, a paixón, a solidariedade, a disciplina e o respecto, sempre ligados ao rugby e “que sempre formaron parte do ADN do Vigo Rugby Club, xunto co compromiso e o traballo en equipo”. A vicepresidenta provincial quixo lembrar que a Deputación “ten un compromiso con todos os deportes, con todos os equipos. E queremos facelo traballando con clubs como o voso”.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.