A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar de material deportivo ao ximnasio municipal

Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

04/05/2024

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 30.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros, para o Concello de Campo Lameiro. Con estes recursos, o Goberno local dotará o ximnasio municipal de novo material deportivo.

O Concello de Campo Lameiro destinará esta achega de 28.819 euros a equipar a instalación municipal, situada no pavillón anexo ao CEIP Pedro Antonio Cerviño. Desta maneira, adquirirán máquinas deportivas como bicicleta elíptica e estática, unha cinta de correr, barras de discos de diferentes pesos, pelotas saudables, bancos, colchonetas, discos olímpicos, bandas de resistencia, "steps", agarres para poleas ou unha torre 4 estacións, entre outros elementos.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dirixido aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, mobilizou ata o momento máis de 2,4 dos 4 millóns de euros do orzamento total, con achegas, ademais de para Campo Lameiro, para A Cañiza, A Estrada, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño Meis, Mondariz-Balneario, Moraña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.