A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á entrega dos Premios Nacionais de Vela

07/09/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu  no Monte Real Club de Yates ao acto de entrega dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda, unha das grandes citas deste deporte que acolleu Baiona no marco do 39º Trofeo Príncipe de Asturias. Sánchez felicitou aos galardoados este ano entre os que se atopan este ano, os vigueses Martín e Jaime Wizner. recoñecidos como a mellor tripulación de vela lixeira, e aos que tivo a oportunidade de entregarlles o galardón xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

O resto de premiados foron Toño Gorostegui, pola súa traxectoria deportiva; Eurofrigs, como mellor barco monotipo español; Carlos Manera, navegante solitario máis destacado; a tripulación do España Sail GP, distinguido como o equipo de regata de referencia; Diego Botín e Florian Trittel, como mellor equipo olímpico polo seu ouro nos Xogos Olímpicos de París; e Curt Edicións, como premio á prensa.

 

Galerias de imagenes