A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura a temporada deportiva da Ligametropolitana

16/06/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo á clausura da temporada deportiva da Ligametropolitana na que  se fixeron entrega do spremios de minifútbol 5 e 7 nas súas diferentes categorías. Deste xeito, entregáronse galardóns aos equipos campións de cada respectiva liga, así como aos subcampións, aos equipos exemplo de deportividade, aos máximos goleadores e tamén aos equipos menos goleados.

A vicepresidenta felicitou aos premiados e trasladou a vontade da Deputación de Pontevedra “de colaborar moi estreitamente co fútbol e con todo o deporte en xeral”. Luisa Sánchez remarcou o firme compromiso da institución provincial co deporte de base así como a aposta por converter Pontevedra no escenario de grandes eventos deportivos. Ademais recordou o incremento do orzamento provincial destinado a deportes ou a apertura do Goberno provincial a novas disciplinas deportivas, “sempre escoitando ao tecido deportivo provincial para conseguir que esta provincia sega a ser un exemplo de deportividade”.