Misión del Silencio
- Vigo
- 986 436 997 e 661 958 299
- misiondelsilencio.vigo@gmail.com
![Misión del Silencio](/documents/37861/3257562/misioneras_del_silencio.jpg/0e1e602f-2233-5484-808f-a49aaf63e795?t=1678087810013)
O obxectivo de Misión del Silencio é ofrecerlle á poboación vulnerable a cobertura dunha necesidade básica e un dereito, a alimentación, brindando unha correcta nutrición, proporcionando elementos para uns hábitos alimenticios saudables e promovendo un ambiente cálido onde as persoas en risco de exclusión social se sintan acollidas.
Persoas destinatarias
Este comedor social está dirixido a persoas con escasos ingresos en risco de exclusión social, en situación de desemprego debido aos efectos da crise, con problemas de saúde ou outras problemáticas sociais.
Actuacións
- Atención e orientación social
- Cobertura de necesidades básicas
- Comedor social
- Sensibilización social
- Accións de sensibilización
- Voluntariado
- Apoio ao comedor social
Datos de contacto
Rúa Urzaiz 39, 36201 Vigo