![Aquí faltan páxinas](/documents/37861/7118419/1800x500_afp.jpg/097a3b1a-7073-86f0-1b35-c2bb239b6281?t=1708596603563)
![ERNESTINA OTERO](/documents/37861/7118419/08_ernestina_otero.jpg/1a6f216b-6e74-bb60-f433-e957fccfe0d6?t=1708596604334)
ERNESTINA OTERO
Mestra comprometida e inspiradora
Ernestina Otero Sestelo foi unha mestra de Redondela que traballou incansablemente por mellorar a calidade do ensino e, sobre todo, por estendelo a unha maior porcentaxe da poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, puxo en marcha iniciativas coma os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familias tamén enviasen as nenas á escola. A súa vida divídese entre os moitos logros profesionais alcanzados durante a Segunda República e as persecucións e represalias contra ela e a súa familia durante o franquismo por causa das súas ideas.
podcast
ROTEIRO
![leyenda](/documents/37861/2988363/descricion_lugares_roteiro_transparente.png/8dd6f9fd-60a2-077c-9a51-80a5a854e299?t=1676966688458)
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Ernestina Otero. “Mestra comprometida e inspiradora”
Xoves 10 de agosto ás 20 h
Alameda de Castelao. Redondela
Relatores: Manuel Puga Pereira e Montse Fajardo