![Aquí faltan páxinas](/documents/37861/7118416/00_cabecera_web_1800x500_afp2.png/5f6b1fd4-fab5-d540-f997-0346adda6034?t=1708603334366)
![Aquí faltan páxinas](/documents/37861/7118416/04_avelina-valladares_afp2.jpg/dc5faae0-6e2d-a969-28c4-bf82c887ff20?t=1708601184286)
AVELINA VALLADARES
A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX
Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgún dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escritor Marcial Valladares e que era unha fervente católica; unha muller que, malia ser extremadamente humilde, logrou romper coas normas sociais ao rexeitar unha e outra vez os pretendentes que a viñan “salvar” do seu estado de solteira porque ela xa se salvaba a si mesma a través da escrita, da poesía e da entrega ás demais persoas. Nun século xix marcado pola inestabilidade política e pola recuperación do galego na escrita, as voces do seu tempo eloxiárona comparándoa con Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. Ademais dos seus textos, deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos executados con destreza. Avelina Valladares é un exemplo, un referente que hoxe permanece vixente a través do premio de poesía que leva o seu nome e que lles transmite o seu legado ás novas xeracións.
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Avelina Valladares “A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX”
Xoves 18 de abril ás 19 h
Museo do Moble e da Madeira (MOME) da Estrada
Relatora: Laura Filloy Martínez