Luisa Sánchez reúnese coa Hermandad de Candeán, encargada da organización das festas parroquiais do verán

06/06/2024

Luisa Sánchez reúnese coa Hermandad de Candeán

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, vén de reunirse na sede de Vigo da institución provincial con Dolores Garrido e Ángel Alonso, membros da Hermandad de Candeán, a asociación encargada da organización das festas desta parroquia viguesa. No encontro, no que aproveitaron para avanzarlle á responsable provincial parte da programación das romarías de San Cristovo e Santa Ana e a Festa dos Pexegos que anuncia a fin do verán, Sánchez tivo oportunidade de felicitar á entidade por manter vivas as tradicións “como parte da nosa identidade cultural e da singularidade que nos define aos vigueses”. A vicepresidenta, que se comprometeu a participar dos festexos, marcou como un dos obxectivos irrenunciables para a Deputación de Pontevedra a suma de sinerxías co tecido asociativo da provincia.