A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á inauguración do Encontro da Toxa 2024 no que se vai afondar na transformación dixital e a intelixencia artificial

11/07/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao acto de inauguración do Encontro da Toxa 2024, organizado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), no que se vai afondar na transformación dixital e a intelixencia artificial ata este venres, 12 de xullo, a través de 20 mesas e conferencias con máis de 60 relatores. O encontro foi inaugurado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, así como pola responsable do Servizo de Estudos, Políticas Públicas e Relacións Institucionais do Banco Santander, Bárbara Navarro, e polo presidente do Conselo Reitor de CESUGA, Venancio Salcines.