#SantaClara

O futuro de Santa Clara

Resolución do concurso de anteproxectos de rehabilitación

O convento de Santa Clara estivo pechado á cidadanía de Pontevedra durante máis de 700 anos. Agora foi recuperado para a cidade polo Concello de Pontevedra e formará parte do Museo de Pontevedra tras a súa rehabilitación e adecuación como espazo expositivo.


Para realizar a reconversión do recinto nun espazo público a Deputación abriu un concurso de anteproxectos no que participaron estudios de talla mundial como Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela, que suman 78 premios internacionais e obras como o Memorial do 11S en Nova Iorque, o MoMa de San Francisco ou a Biblioteca de Alejandría, entre outros.

O tribunal resolveu que o deseño gañador foi ‘Verbas da Pedra’ de Nieto Sobejano, con 86 puntos sobre 100 posibles.

O anteproxecto gañador recibirá 60.000 euros de premio, e poderá servir de base, coas modificacións necesarias e as indicacións do departamento autonómico de Patrimonio, para o proxecto final.

A adxudicación da redacción do proxecto final ao estudo ‘Nieto Sobejano’, tal como se recollía nas bases do concurso, quedará nas mans da Corporación entrante.

Dossier explicativo do proxecto gañador e dos proxectos finalistas

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.