Axenda de actividades provinciais
Exposición Illadas
Desde
Fri Jul 05 00:00:00 GMT 2024
ata
Mon Aug 05 23:59:00 GMT 2024
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Baseada nun proxecto de El Patito Editorial que recolle ilustracións arredor do patrimonio insular da provincia de Pontevedra. A mostra comisariada por Gemma Sesar amosa o traballo artístico realizado por Pablo Rosendo, Maru Godás, Marielle Durand, Tazab, Federico Granell e Branca Escrigas no marco da colección de libros publicados pola editorial baixo o mesmo nome. A exposición, na liña da campaña “100% Rías Baixas” coa auga como protagonista, retrata a paisaxe e a natureza das illas da provincia para poñer en valor e achegar ao público estes enclaves emblemáticos das nosas costas.
Información
Díptico