O programa SmartPeme oferta esta semana sete novos obradoiros

O programa de asesoramento tecnolóxico impartirá accións sobre ciberseguridade, Growth Márketing, redes sociais, plan de emprego, BlockChain e a reorientación de negocios

22/01/2023

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana sete novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como a ciberseguridade e como ter un contrasinal segura,Growth Márketing, comercializar servizos a través de redes sociais, crear un plan de emprega, redes sociais para os establecementos turístico, Blockchain e identidade dixital e a reorientación de negocios freelance.

O primeiro curso da semana será este luns 23, ás 10.00 horas, e estará impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, “Ciberseguridade, como facer un contrasinal segura”. O obxectivo do curso é facer ver a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinto para cada servizo.

O martes 24, na quenda da mañá, Adrián Fernández licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona, conducirá “Growth Márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio”. Coñécese como Growth Márketing como o conxunto de técnicas e estratexias de márketing dixital orientadas a un crecemento sostido no tempo da nosa empresa ou proxecto, sempre en base ao estudo de datos e da metodoloxía ensaio/erro. Nesta acción formativa amosarase que é o Growth Márketing, as súas fases  ou ferramentas relacionadas. Na da tarde, ás 17.oo horas, “Comercializa os teus servizos a través das redes sociais”, un obradoiro orientado a que autónomos e micropemes coñezan dunha maneira detallada o uso do medio de comunicación máis utilizado na actualidade: as redes sociais. É importante coñecer as vantaxes que poden xerar nunha empresa a través das ferramentas e técnicas de venda dispoñibles neste medio. Este curso estará impartido por José Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia.

O mércores 25 tamén haberá dobre sesión. En horario de mañá, de xeito telemático, Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Vigo, guiará a acción “Crea o teu Plan de Emprega”. Un plan de emprega é un documento no que vas ter todo o que necesitas saber para que o teu negocio póñase en marcha. Para elo facilitáranse as ferramentas para alixeirar moito o traballo. O principal obxectivo da formación e que o teu negocio teña éxito. Pola tarde, ás 17.30h celebrarase o taller presencial no concello de Bueu, “Redes sociais para establecementos turísticos”. Nesta acción formativa  poderás descubrir cales son as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de impartilo.

A derradeira xornada da semana tamén estará composta por dúas sesións, unha telemática e outra presencial. Manuel Freire volverá a ser o experto que conducirá esta acción, “Blockchain, identidade dixital e NFT”. Este curso ven a completar a formación das semanas anteriores, e falarase do proxecto de identidade dixital da Unión Europea e como afecta directamente á xestión dos nosos datos. Tamén se falará dos NFT, que son e para que serven.  Para rematar, ás 17.00 horas na Sede de Vigo da Deputación, Isabel Rodríguez consultora e coach empresarial con máis de 15 anos de experiencia, falará sobre “Reorientación de negocios freelance que se atopen estancados” para analizar as causas do estancamento, como xestionar o cambio ou reinvención, a falta de apoios e as emocións que se xeran en dito proceso.

Enlaces de interés

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 10 resultados.