O programa SmartPeme da Deputación oferta esta próxima semana tres novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático e presencial, céntranse na ciberseguridade, nos motores de reserva para empresas turísticas e na intelixencia artificial

22/10/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se desenvolverán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse na ciberseguridade, nos motores de reserva para empresas turísticas e na intelixencia artificial.

A primeira das xornadas comeza o luns 23, de 10:30 a 11:30 horas, co obradoiro telemático Ciberseguridade, Como Facer un Contrasinal Seguro”, que afondará na importancia de ter un contrasinal adecuado para protexer a información. Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, dirixirá este curso.

O mércores 25 dará comezo, ás 10:30 horas, o obradoiro en liña Motores de Reservas para Empresas Turísticas. No marco desta acción formativa ensinarase a instalar un sistema de reservas para que as e os clientes poidan consultar a dispoñibilidade da oferta existente e os establecementos poidan aumentar a súa visibilidade. Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas, encargarase de impartir este obradoiro.

Finalmente, o xoves 26 terá lugar, a partir das 12:00 horas, a acción formativa ChatGPT e Stable Diffusion, Aprende o seu Funcionamento V, que impartirá Manuel Freire.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.