O programa SmartPeme da Deputación oferta esta próxima semana dúas novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, céntranse na iniciación ao SEO e na Intelixencia Artificial

19/11/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas telemáticas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que terán lugar os días 22 e 23 de novembro, abordarán cuestións relacionadas coa iniciación ao SEO e a Intelixencia Artificial.

O mércores 22 de 17:00 a 18:00 terá lugar o obradoiro de “Iniciación ao SEO II: Optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”. Esta acción formativa afondará nos factores externos que afectan ás páxinas web e que inflúen no seu posicionamento, así como as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e optimizar os resultados. O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual con experiencia asesorando empresas do ámbito da comunicación dixital e o marketing online.

O xoves 23, ás 12:00, dará comezo o taller “Intelixencia Artificial I, que é e como funciona”, onde se iniciarán os procesos de clasificación de imaxes empregando unha rede neuronal e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano. Tamén se realizarán dúas prácticas coa intención de que o usuario sexa capaz de configurar unha rede neuronal para as tarefas de clasificación de imaxes, recoñecemento de expresións faciais e o movemento autónomo dun robot de adestramento.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.