Smartpeme oferta esta semana catro novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación imparte formación sobre ciberseguridade, análise de datos e manexo de ferramentas de intelixencia artificial

15/10/2023

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta catro novas accións formativas para esta próxima semana no marco da súa carteira de obradoiros. Os cursos tratarán temas como a ciberseguridade e o uso da VPN, análise de datos para o desenvolvemento dun negocio ou sobre o emprego da intelixencia artificial para a mellora e creación de imaxes.

Este luns 16 de outubro, as 10:30, terá lugar “Ciberseguridade, uso da VPN”. O curso, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire, ten como obxectivo  fomentar a utilización da VPN dando a coñecer os seus beneficios e o seu funcionamento. No taller telemático abordarase o seu uso, cales son as opcións gratuítas e como se configura.

O martes 17, de 12:00 a 13:00 horas, con “Data Driven Marketing, mellora o teu negocio en base aos datos” as persoas que participen aprenderán sobre a importancia da análise dixital e de como mellorar o SEO, SEM, redes sociais, deseño e copywriting a través dos datos para desenvolver o negocio. O taller será dirixido por Esther Garcinuño, docente con experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Para o mércores 18, de 12:00 a 13:00, está previsto o taller sobre intelixencia artificial: “IA de imaxes, sácalles o potencial”. Lara Taboada, titulada superior en Ensinanzas Artísticas de Deseño Gráfico, con experiencia na fotografía de produto e composición fotográfica creativa, será a encargada de impartilo.

As accións formativas desta semana rematan o xoves 19 coa cuarta sesión formativa online sobre intelixencia artificial “ChatGPT e Stable Diffusion, aprende o seu funcionamento -IV” de 12:00 a 13:00 horas. Esta sesión inaugura o bloque de contidos sobre Stable Diffusion.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 11 resultados.