O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana catro novas accións formativas

Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade, posicionamento SEO, comercialización en liña, chat GPT e Stable Diffusion

05/11/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana catro novas accións formativas telemáticas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Trátase de obradoiros de ciberseguridade, posicionamento SEO, comercialización en liña, chat GPT e Stable Diffusion.

As accións formativas inícianse este luns 6 de novembro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, Copias de Seguridade. Trátase dun obradoiro para dar a coñecer a importancia de ter os datos apoiados nunha copia de seguridade fronte a calquera tipo de incidencia. Impartirao o experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

O martes 7, de 17:00 a 18:00 horas, terá lugar o obradoiro SEO para Redes Sociais, no que Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación e márketing dixital, explicará a importancia das redes sociais para o posicionamento nos resultados de busca de Google.

O mércores 8, entre as 11:00 e as 12:00 horas, realizarase o obradoiro Comercialización en Liña de Experiencias Gastronómicas, que ten por obxectivo dar a coñecer e dominar as múltiples canles que ofrece internet para comercializar experiencias gastronómicas que permanezan na mente das e dos consumidores fronte á competencia. Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas, será a encargada de impartir este obradoiro.

Finalmente, o xoves 9, ás 12:00,  terá lugar o curso Chat GPT e Stable Diffusion, Aprende o seu Funcionamento VI, onde continúa o itinerario dedicado aos modelos de intelixencia artificial, que neste sexto obradoiro abordará as novas IA que veñen.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 9 resultados.