Reunión do Comité Organizador da Final do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2023
11/09/2023
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde no Concello de Pontevedra á reunión do Comité Organizador da Final do Campionato do Mundo de Tríatlon Pontevedra 2023. Durante o encontro, ao que tamén asistiron representantes da Xunta de Galicia e dos concellos de Pontevedra e Sanxenxo así como da Federación Española de Tríatlon, abordáronse cuestións como o programa de actividades, os actos oficiais e os patrocinadores desta proba, que se celebrará entre os próximos 22 e 24 de setembro.