A Deputación remata as obras de mellora da seguridade viaria en tres estradas provinciais en Cambados

A institución provincial investiu un orzamento de 165.000 euros nesta actuación dirixida a mellorar a drenaxe dos viarios nun treito de 1,3 quilómetros

03/07/2023

EP-9001 entre Castrelo e Couto de Abaixo

A Deputación de Pontevedra vén de rematar unha actuación conxunta para mellorar e garantir a seguridade viaria en tres estradas provinciais que transcorren por Cambados. A intervención, na que a institución provincial investiu un orzamento de 165.000 euros, levouse a cabo nun tramo de 1,3 quilómetros que atravesa as estradas EP-9001 entre Castrelo e Couto de Abaixo; a EP-9002 entre  Fefiñáns e Oubiña e a EP-9004 entre Corbillón e Tragove.

As obras desenvolvidas nestas tres estradas provinciais tiñan por obxecto garantir a súa seguridade viaria. Deste xeito, actuouse nun treito de 650 metros na EP -9001; en 220 metros no caso da EP-9002 e en 450 metros da EP-9004. En todos eles realizáronse en primeiro lugar traballos de roza e limpeza de cunetas, noiros e terrapléns, así como o levantamento do firme, beirarrúas e cunetas de formigón nos treitos afectados. Posteriormente executáronse os traballos de recheo, colocación de tubaxes, execución de cunetas e sumidoiros e o fresado do firme. Amais, as obras completáronse co pintado da sinalización viaria.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.