A Deputación gaña o premio de ouro do Japan World’s Tourism Film Festival co audiovisual da campaña Cando volves?

Por vez primeira na súa historia a institución provincial acada o premio de outro neste festival de vídeos turísticos no que a campaña Cando volves? foi seleccionada entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo

20/03/2025

A Deputación de Pontevedra acaba de gañar o premio de ouro do Japan World’s Tourism Film Festival tras ser seleccionada por primeira vez na súa historia como finalista pola súa campaña Cando volves? O vídeo, presentado en FITUR para atraer visitantes especialmente ao interior da provincia de Pontevedra, venceu tras pasar unha primeira selección, na que foi escollido entre máis de 1.100 candidaturas procedentes de todo o mundo tras recibir unha alta puntuación por parte do xurado.

Cando volves? foi a vendedora absoluta das preto de 60 candidaturas que competiron na categoría internacional do festival xaponés, un dos que forman parte do CIFFT (Comité International des Festivals du Film Touristique). O ano pasado o audiovisual da campaña 100% Rías Baixas conseguiu, no marco desde circuíto, recoñecementos por parte do Terres Travel Festival de Tortosa (medalla de prata ao mellor spot turístico) ou nos premios Cannes Corporate Media & TV (onde conseguiu ser finalista).

Cando volves? é unha obra audiovisual na que os lugares do interior da provincia teñen todo o protagonismo, dentro dunha campaña onde tamén se fala da hospitalidade e o carácter acolledor da xente da provincia. A Deputación escolleu este ano o interior de Pontevedra debido a que queda moito da provincia por descubrir, para así convidar a xente a achegarse a el en diferentes ocasións ao longo de todo o ano, tendo tamén en conta que a desestacionalización é un dos obxectivos principais do destino.