O deputado provincial Jorge Cubela participou na presentación da nova edición da feira Etiqueta Negra

31/10/2023

O deputado provincial Jorge Cubela participou na presentación da nova edición da feira Etiqueta Negra, que se desenvolverá no Recinto Feiral de Pontevedra entre o 11 e o 13 de novembro. Na súa intervención, Cubela destacou o apoio da Deputación a esta gran cita co gourmet galego, que supón unha aposta para darlles visibilidade “aos grandes produtos de calidade e a todo o que ten que ofrecer a nosa provincia”. “Eventos coma este fan que Pontevedra vaia a máis e permiten construír máis provincia”, apuntou.

O deputado incidiu en que a institución provincial estará presente na feira cunha caseta na que divulgará a marca TéAreeiro, promovida desde a Estación Fitopatolóxica Areeiro e cuxo obxectivo pasa por “converter a provincia nunha referencia na produción do té e favorecer que a xente poida gozar dunha bebida coma esta con denominación de orixe en Pontevedra”. Destacou, ademais, a ampla oferta gastronómica galega e pontevedresa que terá reflexo na feira e subliñou que a actividade ligada á gastronomía “supón un importante incentivo económico para o noso territorio”. “Somos unha verdadeira potencia na gastronomía de autor e promover gastronomía é promover turismo como motor económico”, concluíu.

 

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.