Uxío Benítez aposta pola creación dun proxecto estructurador do territorio do Río Miño para captar os fondos do novo Programa POCTEP 2021-2027

O deputado de cooperación transfronteiriza e director do AECT Rio Minho asistiu hoxe en Ayamonte ao lanzamento dos novos fondos europeos, dotados con 427 millóns de euros

17/11/2022

O deputado de cooperación transfronteiriza e director do AECT Río Minho, Uxío Benítez, asistiu hoxe en Ayamonte, acompañado pola secretariado técnico do agrupamento galego-portugués,  ao seminario de lanzamento do novo Programa Interreg España-Portugal (POCTEP)  2021-2027, o programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea, dotado cun investimento total de 427 millóns de euros entre os anos 2022 e 2027.

Segundo explicou Uxío Benítez, este novo período de financiamento supón “unha oportunidade fundamental para aumentar o volume de recursos captados polo territorio do Río Miño”. A finais deste ano abrirán as primeiras convocatorias para presentar candidaturas ao programa que se resolverán a mediados de 2023. O deputado nacionalista insistiu en que “é esencial coordinar o traballo desenvolvido polos diferentes municipios e crear sinerxías entre os proxectos locais, xa que todos eles comparten obxectivos comúns”. Esta será “a chave que abra as portas dos investimentos europeos” para Benítez, quen aposta pola creación “dun gran proxecto estruturador para todo o territorio”.

No marco do anterior Programa Interreg España-Portugal do período 2014-2020 o AECT Rio Minho integrou os proxectos Estratexia de Cooperación Intelixente do Río Miño - Smart Minho (cunha dotación total de 942.022,47 €),  Visit Rio Minho (2 millóns de euros) e Rede Lab Minho, do que foi beneficiario principal (345.396,00 €).

Entre os tres proxectos acumúlanse investimentos de case 3 millóns e medio de fondos europeos, que xunto cos orzamentos do resto de proxectos promovidos por entidades locais do territorio dentro do POCTEP 2014-2020 como foron a Axenda de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño,  Río Miño Destino Navegable, Migra Minho e Unicidade Eurocidade Valença -Tui, a cifra ascende a un total de 7 millóns e medio de euros.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 16 resultados.