A estrada do Muíño, en Poio, dotarase dunha nova rede de recollida de pluviais para protexer da acción da auga ás vivendas das súas marxes

A Deputación investirá 156.000 euros nunha obra que tamén mellorará a mobilidade peonil nun tramo de máis de 1,5 Km por medio de cunetas transitables

15/06/2022

As obras que evitarán a acumulación de auga na calzada da estrada provincial EP-0603, que une O Muíño (Poio) con Campañó (Pontevedra) comezarán en breve. A Deputación vén de adxudicar os traballos á empresa Montajes JM Iglesias cun orzamento de 155.901 euros. O prazo para executar esta actuación, que transcorre integramente polo termo municipal de Poio, é de catro meses.

A actuación afecta a un treito de máis dun quilómetro e medio desta estrada, que ten un trazado total de 2,3 quilómetros, onde tamén haberá unha importante mellora da mobilidade peonil pois dotarase a estes 1.540 metros dunha cuneta transitable de 1,50 metros de anchura que, polas súas características e suave pendente permite tanto o paso de persoas a pé como en bicicleta. Este elemento estase a converter en protagonista en varias das obras que realiza a Deputación, sobre todo en estradas nas que é complicado gañar anchura.

A estreitura da vía provincial, a súa pendente e a existencia de numerosas edificacións pegadas ás súas beiras na zona do Muíño, en dirección á confluencia coa estrada autonómica da costa PO-308, facilitan a escorrenta das augas pluviais, polo que se considera necesario realizar unha actuación preventiva para protexer todas estas vivendas e propiedades da acción da auga nos días de tormenta. Así, dende o comezo da vía no entronque coa PO-308 e ata o PQ 1+540 vaise realizar unha actuación que permitirá canalizar adecuadamente as pluviais, pois  ademais da construción de noiros e terrapléns, procederase ao levantado do firme para a colocación da nova tubaxe drenante de gran capacidade, con 315 mm de sección, que transcorrerá baixo a cuneta transitable.  O proxecto tamén contempla o reforzo de noiros, incluíndo o levantado dun muro de contención de ata 3,5 metros de altura a base de bloques de pedra natural para a contención de terras

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.