Luis López reúnese este mércores co alcalde de Vilagarcía
Este primeiro encontro co rexedor arousano terá lugar no Concello de Vilagarcía co obxectivo de poñer en común diversos asuntos interese para ambas as institucións
03/10/2023
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitará este mércores, 4 de outubro, ao alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, para tratar asuntos de interese mutuo para ambas as dúas institucións, en resposta á solicitude de reunión formulada polo rexedor.
Será o segundo encontro do mandatario provincial cun alcalde da provincia —que xa se reuniu co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores— logo da carta enviada polo presidente aos 61 alcaldes e alcaldesas na que Luis López amosaba a súa predisposición para manter reunións de traballo con todos os responsables das administracións municipais de Pontevedra.