Luis López dá a benvida ao novo presidente da Confraría da Virxe Peregrina, Juan Carlos Aguilar, cun encontro institucional no Pazo provincial
03/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo un encontro institucional co novo presidente da Confraría da Nosa Señora do Refuxio e Divina Peregrina de Pontevedra, Juan Carlos Aguilar, para darlle a benvida e felicitalo polo seu nomeamento. O mandatario provincial recibiu ao dirixente no despacho presidencial no Pazo provincial, onde abordaron asuntos de interese mutuo, exploraron vías de colaboración e estudaron os preparativos dos actos da Semana Santa pontevedresa.