Luis López aborda co alcalde de Moraña, Sito Gómez, o proxecto de mellora da estrada Mane-Rebón
02/11/2023
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Moraña, Sito Gómez, na que abordaron o proxecto de mellora da estrada provincial EP-0503 entre as localidades de Mane e Rebón, así como outras cuestións de interese para as dúas administracións. No encontro, no que participou a tenente de alcalde, Luisa Piñeiro, o mandatario provincial comprometeuse a estudar as posibilidades de facer realidade unha obra moi demandada pola veciñanza de Moraña.