A Deputación inicia as obras para mellorar a seguridade viaria en tres estradas provinciais que discorren por Cambados

A institución provincial investirá 165.000 euros nesta actuación dirixida a mellorar a drenaxe dos viarios nun treito de 1,3 quilómetros

13/02/2023

Obras estradas en Cambados

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar unha actuación conxunta para mellorar e garantir a seguridade viaria en tres estradas provinciais que transcorren por Cambados. A intervención, na que a institución provincial investirá 165.000 euros, executarase nun tramo de 1,3 quilómetros que atravesa as estradas EP-9001 Castrelo-Couto de Abaixo; EP-9002 Fefiñáns-Oubiña e a EP-9004 Corbillón-Tragove. O inicio dos traballos foi hoxe supervisado polo deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez e o alcalde de Cambados, Samuel Lago.

As obras que se van desenvolver nestas tres estradas provinciais para garantir a súa seguridade viaria teñen un prazo de execución de seis meses. Actuaranse nun treito de 650 metros na EP-9001; en 220 metros no caso da EP-9002 e en 450 metros da EP-9004. En todos eles realizarase en primeiro lugar a roza e limpeza de cunetas, noiros e terrapléns, así como o levantamento do firme, beirarrúas e cunetas de formigón nos treitos afectados, para os posteriores traballos de recheo, colocación de tubaxes, execución de cunetas e sumidoiros e o fresado do firme. As obras completaranse co novo pintado da sinalización viaria.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 10 resultados.