Luis López asiste ao acto de inicio das obras de construción do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa
02/04/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores ao acto de inicio das obras de construción do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Un centro sanitario promovido polas consellerías de Sanidade e Infraestruturas da Xunta de Galicia cun orzamento de 19 millóns de euros chamado a mellorar a atención sanitaria da veciñanza dunha das principais cidades da provincia.
O mandatario provincial recoñece o compromiso do goberno autonómico para mellorar as infraestruturas e a atención sanitarias na provincia a través da mellora e construción de novos centros de saúde tanto ao longo dos últimos anos como os vindeiros que están previstos en distintos concellos do territorio pontevedrés.