A Deputación destina 300.000 € para que setenta entidades de Vigo e do sur da provincia poidan desenvolver actuacións no ámbito social

Os colectivos beneficiados financiarán, entre outros, programas de asistencia alimentaria e atención a familias en risco de exclusión social, comedores sociais, clases de reforzo escolar ou proxectos de atención a persoas con problemas de saúde mental

28/10/2023

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas para setenta entidades de Vigo e outros dez concellos do sur da provincia que traballan no ámbito social, cun investimento que acada os 300.000 euros. Estas axudas, que recibirán colectivos radicados en Vigo, Crecente, Mos, Tui, A Guarda, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela e Tomiño, servirán para financiar distintas actuacións que estes colectivos desenvolven para axudar persoas en situación de desvantaxe ou vulnerabilidade social.

As contías destas achegas oscilan entre os 1.100 e os 5.723 € e permitiranlles a estes colectivos financiar, entre outras, actuacións de asistencia alimentaria e atención a familias en risco de exclusión social, vivendas tuteladas, comedores sociais, clases de reforzo escolar ou proxectos de integración para persoas xordas e de atención a persoas con problemas de saúde mental ou con enfermidades coma a esclerose múltiple.  

A maior parte das entidades beneficiarias, 54 en total, levan a cabo a súa actividade en Vigo, onde recibirán financiamento da Deputación de Pontevedra: Aldeas Infantís SOS de Galicia de Vigo; a asociación de dano cerebral Alento de Vigo; a asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista de centros de apoio familiar APACAF; a Asociación Nós Mesmas; Acción Solidaria Galicia (Asdegal); a Asociación de Mulleres con Discapacidade Galicia; Diversidades; a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia); a Asociación Galega de Afectados de VIH/SIDA (AGAVIH); a Asociación Galega de Hemofilia; a Asociación Autismo Vigo; a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog); a asociación Centro Veciñal e Cultural de Valladares; a asociación de axuda á vida AYUVI; a asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia; a Asociación de Persoas Xordas de Vigo; a Asociación Dignidad Galicia; Doa Saúde Mental; a Asociación Galega de Fibrose Quística; a Asociación de Mulleres Pedra da Vella; a Asociación REDMADRE Pontevedra; a Asociación Vida Digna; a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra; e a Asociación Xaruma.

Tamén contarán con subvencións a Asociación Xuvenil Abertal; a Asociación de Nenos con Hiperactividade e Déficit de Atención (ANHIDA); a Asociación Párkinson de Vigo; a Asociación Asvidal; Aspanaex; Ategal; Bicos de Papel (a asociación de axuda aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro); Emaús Fundación Social; Fademga Plena Inclusión Galicia; a Fundación INTEGRA para a discapacidade intelectual; a Fundación Esplai Ciudadanía Comprometida; a Fundación Aldaba; a Fundación AMEDIS; a Fundación Casa Caridad de Vigo; a Fundación de la Santa Cruz; a Fundación Faiben de apoio á infancia e ao benestar; a Fundación Formavigo; FUNDITEA; a Fundación Igual Arte; a Fundación INGADA; a Fundación Juan Soñador; a Fundación Menela; a fundación para a pesca e o marisqueo FUNDAMAR; a Fundación Provincial Banco de Alimentos; a Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT); Grandes Amigos en Acción; Fogar e Clínica San Rafael; o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector; Misión del Silencio; e a Sociedade San Vicente de Paúl; todas elas situadas tamén na cidade de Vigo.

Por outra banda, no concello de Redondela beneficiaranse destas achegas tres entidades: a asociación de persoas con diversidade funcional Andaina; a Asociación de Enfermos de Artrite Pontevedra ASEARPO e a Asociación Lenda de Saúde Mental. Tamén reciben subvencións provinciais dúas entidades da Guarda, Avelaíña e San Xerome Emiliani; dúas de Ponteareas, a asociación de persoas con discapacidade das comarcas do Condado e da Paradanta ADAPTA e Dar Más; dúas en Tomiño, SOS Tomiño-Baixo Miño e a asociación de persoas con discapacidade Vontade; e dúas en Tui, a asociación galega de residencias e centros de anciáns ACOLLE e a Congregación de Irmás Franciscanas Hospitalarias.

Ademais, en Mos recibirá unha achega a Casa Santa María da Esperanza Escravas da Virxe Dolorosa; en Nigrán, a Asociación Benéfica Social de Pais e Amigos a Esperanza do Val Miñor; en Pazos de Borbén, a asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual de Vigo ASPAVI; no Porriño, a asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual Aceesca; e, en Crecente, o Colexio Nosa Señora de Fátima Escravas da Virxe Dolorosa.