17 MAIO

2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xosé Filgueira Valverde

“…Escoiteino en Compostela, acompañeino polas rúas de Pontevedra; encantoulle a imaxe da Peregrina. As conversas recaían sempre sobre a lírica medieval e a tradicional, Rosalía, Compostela. (...)
«La Barraca» deu «La Guarda Cuidadosa» e «La Cueva de Salamanca» o día 28 de agosto daquel ano, ó ar libre, na Praza da Estrela da Ferrería pontevedresa,...”

“Federico García Lorca”, Quinto Adral (1989)

Xosé Filgueira Valverde

(Pontevedra, 1906 – 1996)

Foi un escritor, investigador e profesor galego. A súa obra abarca numerosas temáticas, na súa maior parte arredor da cultura galega. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na que obtivo o premio extraordinario, e Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza. Membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra, presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega.

GRANDES ÉXITOS

1925

Os nenos

Os nenos (1925) é un conxunto de quince relatos breves publicada por Lar, con ilustracións en linóleo de Pintos Fonseca nas páxinas interiores e co deseño de Castelao na cuberta e na contracuberta. Os relatos non levaron título nesta primeira edición, mais serían titulados despois cando reapareceron como parte do libro Quintana viva (1971).

Adral (1979) é o primeiro libro dunha colección de nove volumes (o derradeiro sería o Noveno Adral, que se publicou en 1996) con textos breves de divulgación publicados anteriormente en diversos medios xornalísticos.

Adral

1979

Outras obras

Agromar (1936) e Vocabulario popular galego-castelán (1926)

“(…) ¿Por que Pontevedra supuxo tanto na vida de Castelao? Imaxino os motivos, algún dos cales el mesmo sinalou. Non se esvaeceu a lembranza daquel pasear vagacento na súa compaña e na de Filgueira Valverde, sendo aínda estudante universitario. Falaban das vellas igrexas de Santa Clara e San Francisco. Da de Santa María, da capela da Peregrina, das ruinas de Santo Domingo. Parabamos nas prazas da Ferrería e da Leña.”

Camiño andado (2003), Francisco Fernández del Riego