17 MAIO

1975

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xoán Manuel Pintos

“Canto a miña terra ou sea Pontevedra”

“A min oh musa a patria me recorda
Que trae o nome seu dun ponte vello,
E Pontevedra lle quedou fai muito,
A min cos meus ma lembra o desterro.
A min que tantas saudades sinto,
Que si alá vou da alma c’o desexo
Alegre penso que da man de Apolo
Cantando Volvo á nai dun fillo tenor”.

A gaita gallega (1853)

Xoán Manuel Pintos

(Pontevedra, 1811 – Vigo, 1876)

Foi un escritor, xurista e mestre galego, considerado un dos precursores do Rexurdimento. Estudou Humanidades na Coruña e Dereito, Filosofía e Música en Santiago de Compostela; ademais, exerceu de xuíz, avogado, docente e rexistrador da propiedade. A súa obra literaria atópase espallada en diferentes xornais e revistas nas que colaborou, coma El País, La Perseverancia ou Misterios de Pontevedra.

GRANDES ÉXITOS

1853

A gaita gallega

A gaita gallega, como é coñecida a obra que leva por título completo A gaita gallega tocada polo gaiteiro ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis, é a primeira publicación escrita en galego moderno. Trátase dunha obra escrita en latín, castelán e galego, que alterna a prosa co verso. Publicouse por fascículos en 1853 e nela atopamos un rexo compromiso co idioma e co país, unha defensa dos nosos costumes e unha denuncia da situación na que se atopaba Galicia. O seu argumento xira arredor da relación entre dous personaxes principais: o gaiteiro e o tamborileiro. As ensinanzas do primeiro ao segundo serven como pretexto para achegarlles a lingua ás e aos lectores.

Outras obras

Antonio e Margarida (1857)e Contos da aldea que parecen historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea (1858)

“O libro co que se abre a xeira renacentista da literatura galega é A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos, publicado no ano 1853. Vén ser un a xeito de manual de iniciación na fala do país. O vocabulario que no libro se emprega é, certamente, ricaz.”

Francisco Fernández del Riego sobre Xoán Manuel Pintos no discurso de entrada na Real Academia Galega (1960)