17 MAIO
1996
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Despóis da conquista de Augusto, o mar da Arousa foi cheo un mar román. Na Insua adícanlle ao Emperador as aras, e cásique de por trente, na outra banda, deberon erguerlle un tempro ou unhas aras ao Gran Xúpiter, ao lovi Magno, de donde Xohre e Maño. E no brazo que o mar da Arousa alonga deica a vella cidade de Iria, pol-a vereda, que na térra dos Cáporos abreu o Ulla, como ca-miño de prata —ansí o chamou Rosalía—, unhas torres, despois «chave do Reino de Galicia»”
“O mar chamado da Arousa”, Xesús Ferro Couselo. Vida e obra (1996), publicacións da Real Academia Galega, Olga Gallego
Xesús Ferro Couselo
(Valga, 1906 – Ourense, 1975)
Foi un investigador e historiador galego. Centrou os seus traballos na arqueoloxía, na etnografía e na lingua. Participou nas Mocedades Galeguistas e na fundación do Partido Galeguista. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos, da editorial Galaxia e da Fundación Penzol, ademais de ser colaborador habitual de numerosas revistas e publicacións. Foi director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro da Real Academia Galega desde 1951.
GRANDES ÉXITOS
1996
Xesús Ferro Couselo. Vida e obra (1996). Este libro, realizado por Olga Gallego, recolle o amplo volume de escritos de Xesús Ferro Couselo, que se atopaban espallados ao seren publicados en diversos medios. Nel atopamos investigacións e estudos de moi variadas disciplinas que xorden das súas etapas no Seminario de Estudos Galegos, na universidade e nas profesións que desempeñou ao longo da súa vida. As temáticas destes traballos van desde a recuperación e conservación de arquivos ata os gravados rupestres, ou mesmo sobre urbanismo e toponimia. Entre outros, poderiamos destacar os seguintes: Cómo e por qué os escríbanos deixaron de empregar o galego (1958) ou A vida e fala dos devanceiros. Escolma de documentos galegos dos séculos xiii e xvi (1967).
“Xesús Ferro Couselo é unha das figuras de máis relevo no campo da investigación científica, con que conta hoxe Galicia. Gran estudoso, excelente paleógrafo, traballador incansabre, ven realizando a prol do seu país unha xurdía labor que non trascende ó gran público.”
Galicia Emigrante ( 1956), Salvador de Lorenzana