17 MAIO
1981
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
“Na post-guerra, Don Celidonio ascendeu de porco á marrán e chegou a Alcalde. A parenta inflou com’o o fol da gaita. Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petitgris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.”
O porco de pé (1928)
Vicente Risco
(Ourense, 1884 – 1963)
Foi un político, xornalista, narrador, dramaturgo e ensaísta galego. Estudou Maxisterio en Madrid e obtivo a cátedra de Historia na Escola Normal de Ourense. Membro das Irmandades da Fala e da xeración Nós, foi un dos principais teóricos do nacionalismo galego. En 1917 fundou, xunto con Antonio Noguerol, a revista La Centuria; en 1923 participou no Seminario de Estudos Galegos encargándose da sección de Etnografía e Folclore; e en 1929 ingresou na Real Academia Galega.
GRANDES ÉXITOS
1920
Teoría do nacionalismo galego (1920) é un ensaio político no que Risco propón unha definición da nación galega distinguíndoa a partir da terra, da lingua, da raza e da organización social. O atlantismo e a recuperación do pasado celta serán, segundo o autor, os alicerces necesarios para o rexurdir dunha nova civilización e así poder superar a crise e a decadencia europeas.
O porco de pé (1928) é unha novela satírica publicada pola editorial Nós. Nela relátase o ascenso social de don Celidonio como unha caricatura do caciquismo e da sociedade arribista da época.
1928
Outras obras
Outras das súas obras son O lobo da xente (1925), O bufón de El-Rei (1928) e Nós, os inadaptados (1933).
“Coñecino en outubro do 1931 cando presidía a sección de Etnografía e Folclore no Seminario de Estudos Galegos. Recordo os paseos por Ourense e os faladoiros no café Roma durante as folgas universitarias, tamén os encontros na imprenta de Ánxel Casal e as visitas a Pontevedra, e como non… a pelegrinaxe que fixemos a Santo André de Teixido xunto a Otero Pedrayo e Ben Cho Shey.”
Francisco Fernández del Riego