17 MAIO

2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Uxío Novoneyra

“(...)
GALICIA labrega ................. GALICIA nosa
GALICIA mariñeira .............. GALICIA nosa
GALICIA obreira .................. GALICIA nosa
GALICIA irmandiña ............. GALICIA viva inda
recóllote da terra ................. estás mui fonda
recóllote do pueblo ............. estás nil toda
recóllote da HISTORIA ........ estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote prós novos que vein con forza
prós que inda non marcou a malla d´argolas
prós que saben que ti podes ser outra cousa
prós que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa”

“Letanía de Galicia”,  Os eidos II (1974)

Uxío Novoneyra

(Parada, Seoane do Courel, 1930 – Santiago de Compostela, 1999)

Foi un poeta e escritor galego. Pertencente a unha familia labrega, estudou o bacharelato en Lugo e Filosofía e Letras en Madrid. A partir de 1955 comezou a publicar poemas en diversos medios coma Vida Gallega, Luzes de Galicia ou Ronsel. En 1962 volveu a Madrid, onde asistiu aos faladoiros do Café Gijón e traballou na radio e na televisión. A partir de 1966 retornou a Galicia e destacou como orador poético e presidiu a Asociación Galega de Escritores en Lingua Galega.

GRANDES ÉXITOS

1955

Os eidos

Os eidos (1955) é o libro co que inicia un ciclo poético das terras do Courel que continúa coa publicación de Os eidos II (1974), onde se modifican algúns poemas e se inclúen outros novos cun marcado compromiso social, ata a edición definitiva coa compilación de todos os anteriores en Os eidos. Libro do Courel (1981).

Do Courel a Compostela (1988) é un libro que recolle poemas aparecidos noutros medios e nos que inclúe as súas orixinais caligrafías, entre eles os famosos “Vietnam canto” e “Letanía de Galicia”.

Do Courel a Compostela

1988

Outras obras

Poemas caligráficos (1979) e Muller pra lonxe (1986)

“Novoneyra revelou a súa inconfundible personalidade de poeta co libro Os eidos. Ofrece nel unha fonda e extática representación das súas montañas natais. En pura soedade diante da  natureza, amosouse como un fino resonador  que asumiu as referencias todas da paisaxe.”

Historia da literatura galega (1984), Francisco Fernández del Riego